O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., debutou con victoria fronte ao Campito F.S. no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á primeira xornada da Liga Galega Xuvenil.
O equipo vilalbés nun bo primeiro tempo colleu ventaxa no marcador e chegou ao descanso cun resultado favorable de 3-0.
Na segunda parte o equipo vilalbés relaxouse e viu como o equipo do Campito F.S. achegábase con dous goles, pero nos últimos minutos Antón con dous goles establecía un xusto resultado de 5-2.
Resultado ilusionante para un equipo xuvenil onde a maioría dos xogadores son de primeiro ano.