DEBUT DO XUVENIL NA CASA

Este sábado ás 16 horas no Municipal de Vilalba terá lugar a estrea do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. na Liga Galega Xuvenil.

No encontro que pertenece á segunda xornada de liga os vilalbeses mediranse ao GRI Carballiño F.S. que na primeira xornada perdeu na casa fronte ao Pizarras Los Tres Cuñados por 5-7.

O equipo adestrado por Fernando, que na primeira xornada descansou por mor da retirada do equipo CIOS Vigo F.S., tratará de acadar os tres puntos no primeiro partido dunha competición á que retorna tras varios anos na División de Honra Xuvenil.

 

COMPARTIR