DERBY COMARCAL EN BEGONTE

O vindeiro domingo ás 16:45 horas no Pavillón Municipal de Begonte terá lugar o partido correspondente á novena xornada da Liga Galega Xuvenil entre o Concello de Begonte F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

Como todo derby, e aínda que hai oito puntos de diferencia na clasificación para os begontinos, agárdase un partido disputado entre dous equipos con dinámicas diferentes. Así o equipo vilalbés que leva varias xornadas sen gañar e ocupa o noveno posto tentará de voltar á senda da victoria fronte ao Concello de Begonte F.S. que ocupa a segunda posición e está realizando unha gran campaña.