UN DERBY PARA DEBUTAR NA CASA

O sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputará o primeiro partido de liga da Terceira División Nacional de fútbol sala como local fronte ao C.D. Rececende F.S.

O equipo que adestran Alfonso e Luis, tratará de conseguir os tres primeiros puntos da temporada tras o tropezo a semana pasada en Coruxo e darlle unha alegría aos siareiros locais. Diante terán ao sempre difícil equipo de A Pontenova que sumou un punto no primeiro partido xogado contra o C.P. Casás.

O último partido entre os dous equipos disputouse o pasado mes de agosto correspondente á fase previa da XXVII Copa Galicia e no que o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. impúxose por 3 goles a 1 acadando o pase a oitavos de final.

 

 

COMPARTIR