DERBY XUVENIL

O vindeiro domingo ás 12:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o partido correspondente á xornada 24 da Liga Galega Xuvenil entre o Concello de Begonte F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

Agárdase un partido disputado malia a diferencia de puntos na clasificación. Así o equipo vilalbés que ocupa o noveno posto, leva unha temporada moi irregular. En cambio o Concello de Begonte F.S. que ocupa a cuarta posición está realizando unha gran campaña.