DERRADEIRA XORNADA

O sábado ás 18:00 horas no Pavillón M. Coto Ferreiro de A Estrada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. visitará ao equipo de A Estrada Futsal no encontro correspondente á última xornada de liga da Terceira División Nacional.

O partido que a priori podía ser o enfrentamento estrela da derradeira xornada non pasará a historia xa que o equipo local é matemáticamente subcampión de Liga 2017-2018 e o Vilalba F.S. ten asegurada a cuarta posición que lle otorga xogar o partido de cuartos de final da Copa ante os seus siareiros.

O equipo vilalbés aínda ten opcións de alcanzar a terceira posición si consegue a victoria e o Pazos de Borbén non puntúa na pista do Ribeira F.S. ao ter gañado o golaveraxe co equipo pontevedrés.

COMPARTIR