DERROTA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu ante o ADFS Bueu por 3-0 na segunda xornada de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Bueu na tarde do sábado.

O equipo vilalbés na primeira parte tivo unha gran oportunidade de marcar nun penalti pero o porteiro local fixo unha boa intervención.

Na segunda mitade en dous roubos de balón, con sendas faltas claras, que os árbitros non apreciaron, o Bueu adiantouse 2-0. Logo nunha contra, chegou o terceiro. Nos últimos minutos co porteiro xogador o equipo vilalbés dispuxo de varias ocasións que parou o porteiro local.