DERROTA ABULTADA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 5-1 co Fútbol Sala Cidade de Pontevedra no encontro correspondente á primeira xornada da segunda volta  da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra na tarde do sábado.

Abultada derrota do equipo vilalbés que foi mellor no primeiro tempo e no segundo sucumbiu á excesiva dureza das xogadoras locais.

A pesar desta derrota o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. continúa sexto na clasificación.