DERROTA ANTE O CIDADE DE NARÓN F.S.

O equipo xuvenil do Vilalba Fútbol Sala caeu derrotado por cinco goles a cero no partido amistoso que disputou onte na pista do Cidade de Narón F.S.

Notouse na pista a falta de competición do equipo que adestra Fernando e a diferencia de categoría, xa que o equipo local sairá a competir na División de Honra Nacional mentres o noso equipo participará na Liga Galega Xuvenil que comenzará o último fin de semana deste mes. O positivo deste encontro de preparación foi o bo traballo realizado polos xogadores de categoría cadete que foron convocados.