DERROTA DO FEMININO A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu na pista da Pastelería Cervela A Estrada Futsal 5-2 no encontro correspondente á segunda xornada da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón M. Coto Ferreiro de A Estrada na noite do venres.

Moi bo partido o realizado polas xogadoras vilalbesas que malia ir ao descanso cun resultado a favor de 0-1 e adiantarse na segunda metade outra vez non puideron seguir sumando nun partido que se decidiu nos derradeiros minutos.