DERROTA DO FEMININO ANTE O LEIS PONTEVEDRA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 3-5 ante o Leis Pontevedra San Narciso no encontro correspondente á terceira xornada da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Bo partido das rapazas do Vilalba F.S. que se viron cun resultado adverso de 0-3 e chegaron a igualalo a falta de oito minutos para a finalización. Nos últimos minutos as boas paradas da porteira visitante e a maior pegada do Leis Pontevedra levaron a victoria para a cidade do Lérez.

Segunda derrota consecutiva do equipo vilalbés que non tivo recompensa no xogo e esforzo realizado ante un dos equipos favoritos para acadar o título.