DERROTA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 3-4 ante o Bembrive F.S. no encontro correspondente á décima xornada da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Derrota do Vilalba F.S. que competiu ben ante un dos mellores equipos da categoría. Malia a empezar perdendo o equipo vilalbés repúxose e chegou ao descanso cun meritorio empate a dous goles. Na segunda parte adiantouse no marcador, pero en dous minutos o equipo visitante marcou dous goles cos que acabou levándose o partido.