DERROTA DO XUVENIL

DERROTA DO XUVENILO equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu ante o Academia Red Blue 5 Coruña – Mera F.S. por 7-4 no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal “Barrio das Flores” de A Coruña, correspondente á xornada 18 da Liga Galega Xuvenil.

O partido comezou moi ben para o Vilalba F.S. que realizou unha gran primeira metade, sobre todo en defensa, sendo moi superiores ao rival e índose ao descanso cun resultado de 0-4.

Todo trocou na segunda metade, na que o equipo vilalbés encaixou un gol de estratexia na primeira xogada e o equipo veuse abaixo porque nas tres seguintes xogadas de estratexia de córner encaixou tres goles máis co que dilapidou a vantaxe conseguida no primeiro tempo. A partir do empate o partido foi un ida e volta e o equipo local adiantouse no marcador tras errar o Vilalba F.S. un dobre penalti. Despois co resultado en contra e arriscando para lograr o empate encaixou dous goles máis.

Malia a derrota o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. continúa terceiro clasificado.