DERROTA DO XUVENIL CO BURELA

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu derrotado ante o Pescados Rubén Burela F.S. “B” no encontro correspondente á xornada 18 da Liga Galega Xuvenil celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba.

Partido que se decidiu pola maior pegada do equipo visitante. A primeira metade foi igualada e con mellores ocasións para o equipo vilalbés que tirou dous balóns aos paos pero que se chegou ao descanso co resultado de 0-1.

Mediada a segunda parte, dous erros defensivos do equipo local nun minuto puxo ao Burela con amplia vantaxe. O equipo chairego non baixou os brazos e conseguiu marcar por mediación de Diego pero o Burela sentenciou cun cuarto gol. O Vilalba F.S.dispuxo dun dobre penalti para achegarse ao marcador pero non o aproveitou.

PESCADOS RUBÉN BURELA F.S. “B”
Bruno, Aarón, Sergio, Heurickson, Renato – cinco inicial – Alvaro, Xesús, David, Diego e Gustavo.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Antón, Diego, Alex Leiras, Brais – cinco inicial – Prieto, Xosé, Alberto, Hugo, Iker, Alberte e Rubén.

GOLES:
0-1  Sergio. (Min. 7)
0-2  Heurickson. (Min. 31)
0-3  Renato. (Min. 31)
1-3  Diego. (Min. 35)
1-4 Heurickson. (Min. 36)