DERROTA DO XUVENIL EN BEGONTE

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu derrotado ante o Concello de Begonte no derbi comarcal correspondente á novena xornada da Liga Galega Xuvenil celebrado no Pavillón do Concello de Begonte.

O partido comezou ben para o equipo vilalbés e na primeira aproximación Diego cun forte disparo abriu o marcador. Ese gol fixo despertar aos xogadores begontinos que rápidamente aproveitaron os erros defensivos do Vilalba F.S. e con dous goles déronlle á volta ao marcador. Ademáis dispuxeron na primeira metade de moitas ocasións para ampliar a vantaxe, pero atopáronse con Iago que fixo meritorias paradas mantendo ao seu equipo no partido.

No primeiro minuto da segunda parte o Begonte ampliou diferencias noutro erro da zaga vilalbesa. Os xogadores vilalbeses intentaron conseguir un gol que os metera no partido pero con pouca ambición e noutra contra o Begonte, máis metido no partido, conseguiu o cuarto e definitivo gol.

CONCELLO DE BEGONTE
José Luis, Adrián, Antón, Hugo, Xico – cinco inicial – Yago, Jesús, Pedro, Daniel Jove, Alejandro e Daniel Varela.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Lage, Diego, Alex Leiras e Brais – cinco inicial – Prieto, Martín, Alberto, Hugo, Xosé, Iker e Alberte.

GOLES:
0-1  Diego. (Min. 1)
1-1  Daniel Varela. (Min. 5)
2-1  Daniel Jove. (Min. 6)
3-1  Yago. (Min. 20)
4-1  Alejandro. (Min. 33)