DERROTA DO XUVENIL EN BURELA

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu derrotado ante o Pescados Rubén Burela F.S. “B” no encontro correspondente á terceira xornada da Liga Galega Xuvenil celebrado no Pavillón de Vista Alegre de Burela.

O partido comezou ben para o equipo vilalbés con claro dominio e tendo dúas ocasións claras para adiantarse no marcador, pero na primeira aproximación do equipo burelés, Aarón fixo o primeiro gol tras un claro erro de marcaxe da defensa vilalbesa. A partir dese gol o equipo de Burela fíxose dominador do encontro e marcou dous goles máis antes do descanso, índose aos vestiarios cunha ventaxa de 3-0.

Nos primeiros minutos da segunda parte, Xosé recortou diferencias cun gol de falta directa que foi contrarrestado no seguinte minuto polo equipo local ao aproveitar unha contra e establecer o definitivo 4-1. O equipo chairego non baixou os brazos e fixo unha presión alta ao equipo rival pero o marcador xa non se moveu.

PESCADOS RUBÉN BURELA F.S. “B”

Bruno, Aarón, Sergio, Heurickson e Jairo – cinco inicial – Alvaro, Hugo, David, Diego e Víctor.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.

Juan Diego, Lage, Diego, Xosé e Brais – cinco inicial – Prieto, Martín, Alberto, Alex Leiras, Iker e Alberte.

GOLES:
1-0  Aarón. (Min. 11)
2-0  Heurickson. (Min. 16)
3-0  Hugo. (Min. 19)
3-1  Xosé. (Min. 25)
4-1 Heurickson. (Min. 26)

COMPARTIR