DERROTA DO XUVENIL NA PISTA DO LÍDER

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu 4-2 ante o E.D. Marín Urkira no partido celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal do Sequelo en Marín, correspondente á xornada 20 da Liga Galega Xuvenil.

Os vilalbeses que foron por diante no marcador, acabaron perdendo na casa do actual líder un partido no que puideron sacar algo positivo si estiveran máis atinados de cara a portería e menos desafortunados en defensa.

Na vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., que baixou ao sexto posto, recibirá ao E.D.M. Poio Pescamar o domingo ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba.