O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu derrotado ante o Academia Red Blue 5 Coruña no encontro correspondente á decimocuarta xornada da Liga Galega Xuvenil celebrado no Pavillón Municipal do Barrio das Flores de A Coruña.
O equipo vilalbés realizou un gran encontro e puxo contra as cordas a un rival, segundo clasificado, que gañou todos os partidos como local pero que tivo que emplearse a fondo para acadar a victoria.
A pesar da derrota, o Vilalba F.S. que no descanso gañaba por 1-2, deu unha gran imaxe que intentarán manter a vindeira xornada na que recibirán ao Concello de Coles.
ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA
Daniel, Juan, Alejandro, Brais, Diego Moscoso – cinco inicial – Diego Hermida, Víctor, Rodrigo, José María e Anxo.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Antón, Alex Leiras, Diego, Brais – cinco inicial – Prieto, Martín, Alberto, Lage e Xosé.
GOLES:
1-0 Juan. (Min. 8)
1-1 Alberto. (Min. 11)
1-2 Antón. (Min. 17)
2-2 Diego Hermida. (Min. 24)
3-2 Anxo. (Min. 28)
4-2 Diego Moscoso. (Min. 33)
5-2 Brais. (Min. 38)
5-3 Alex Leiras. (Min. 38)