DERROTA EN CELANOVA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 6-3 ante o Terra de Celanova F.S.F. no encontro correspondente á sétima xornada da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Pedra Moa en Celanova na tarde do sábado.

Na primeira parte as xogadoras do Vilalba F.S. puxéronse por diante pero en catro minutos o equipo local deulle a volta ao marcador chegando ao descanso cun resultado de 4-1. Trala reanudación o equipo ourensán acadou dous goles máis e foi cando o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. sacou a porteira xogadora e conseguiu dous goles que non foron suficientes para traer un resultado positivo ante un equipo máis forte físicamente.

A destacar a melloría no xogo e na actitude amosada polo Vilalba F.S. tras o fiasco da xornada anterior.