DERROTA EN VIGO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 5-1 ante o Talleres ABC Vigo IES Coruxo F.S., no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal “As Travesas” de Vigo, correspondente á décima xornada de liga da Terceira División Nacional.

Primeira metade na que o equipo local aproveitou as tres chegadas que tivo para poñer o 3-0 no marcador. Recurtou diferencias o Vilalba F.S. por mediación de Asier e nos últimos segundos da primeira parte sufriu a expulsión de Jose López ao ver o segundo cartón amarelo. Na segunda parte, en inferioridade, recibiu o cuarto gol e xa foi imposible a remontada.

Na vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao recén ascendido, Playas de Barreiros C.D.