DERROTA INESPERADA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 1-5 ante a S.D. A Gaiola no encontro correspondente á xornada 21 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Derrota inesperada polo abultado da mesma na que o equipo vilalbés non realizou un bo partido e cometeu demasiados erros que foron aproveitados polo equipo santiagués.

O aspecto máis negativo foron as lesións de Aisha no primeiro tempo e de Xina no segundo.