DERROTA INXUSTA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 3 goles a 2 ante o Ribeira F.S., no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, correspondente á sexta xornada de liga da Terceira División Nacional.

Mellorou o xogo do equipo vilalbés respecto ás últimas saídas e mereceu polo menos un punto ante un bo equipo como é o Ribeira F.S. que na segunda parte sufriu para manter o resultado.

Con esta derrota o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. queda situado na metade da clasificación a catro puntos do líder Pazos de Borbén F.S.