DESCANSO PARA O FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. descansará na decimoquinta xornada da Liga 1ª Galicia Feminina ao contar a categoría con nove equipos.

A falta de catro xornadas para rematar a liga, e despois de facer unha temporada espectacular, as rapazas adestradas por Jose e Miguel están situadas na primeira posición con dous puntos de vantaxe sobre o Lieders Futsal e U.D. Pastoricense, aínda que este último ten un partido menos.

Despois deste parón o Vilalba F.S. recibirá ao Pescados Rubén Burela F.S. “B”, visitará ao Monterroso F.S. e recibirá na derradeira xornada de campionato ao U.D. Pastoricense no que pode ser o partido decisivo. O outro equipo implicado na loita polo título, o Lieders Futsal, adestrado por Rubén Mouriz, tamén ten opcións en caso de gañar os seus partidos pero non depende de sí mesmo.