DESCANSO PARA O FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. descansará na sexta xornada da Liga 1ª Galicia Feminina ao contar a categoría con nove equipos.

Tras as cinco primeiras xornadas disputadas nas que o equipo adestrado por Jose e Miguel fixo pleno de victorias cun gran xogo na maioría dos partidos ocupan o primeiro posto da clasificación, aínda que cun partido máis que o Pastoriza e Pescados Rubén Burela F.S. “B”, que precisamente se enfrentan nesta xornada.

Despois do parón o Vilalba F.S. terá un complicado calendario antes de rematar a primeira volta visitando as pistas de Pescados Rubén Burela F.S. “B” e A Pastoriza F.S. e recibindo ao Monterroso F.S.

COMPARTIR