DESCANSO PARA O SENIOR E O XUVENIL

Os equipos senior e xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. descansarán esta fin de semana xa que hai un parón nas competicións masculinas.

O equipo senior que está a realizar unha gran temporada, ocupa a quinta posición na clasificación. Na última xornada goleou 0-4 ao Villa de Cee F.S. e voltará á competición a vindeira fin semana recibindo ao Campito F.S. de Vigo.

O equipo xuvenil que está a realizar unha temporada moi discreta, ocupa a novena posición na clasificación. Na última xornada venceu na pista do Poio Pescamar F.S. e voltará á competición a vindeira fin semana recibindo ao Concello de Begonte F.S.

COMPARTIR