DESCANSO PARA O XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. descansará na decimosexta xornada de liga, primeira xornada da segunda volta, por mor da retirada da competición do equipo CIOS de Vigo F.S.

Os números do equipo vilalbés na primeira volta non foron os esperados, si ben obtivo bos resultados nas primeiras xornadas, logo deu un baixón inesperado. Nos trece partidos acadou catro victorias dous empates e sete derrotas para un total de catorce puntos, ocupando o décimo posto na clasificación.

Agárdase, polo tanto, unha reacción tanto de xogo como de resultados na segunda volta dun equipo que ten que demostrar moito máis na Liga Galega Xuvenil.

COMPARTIR