DESCANSO PARA O XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. descansará na xornada 21 de liga xa que o seu rival, o Baíña F.S.-Baitra, retirouse a poucos días do comezo da competición.

O equipo vilalbés, que leva dúas victorias consecutivas, suma vinte puntos con soamente seis partidos gañados. Ocupa o décimo posto na clasificación e está realizando un campionato bastante por debaixo das súas posibilidades.