DESCANSO PARA O XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. descansará na sexta xornada de liga xa que o seu rival, o Baíña F.S.-Baitra, retirouse a poucos días do comezo da competición.

O equipo vilalbés, que xa descansou na primeira xornada de liga pola retirada da competición do equipo CIOS de Vigo F.S., suma sete puntos con dúas victorias como local e un empate e unha derrota como visitante. Ocupa o sexto posto na clasificación e está realizando un inicio de campionato aceptable.

COMPARTIR