DESPEDIDA DOS CAPITÁNS DO VILALBA F.S.

A capitana do equipo senior feminino, Sabela Roca e o capitán do equipo senior masculino, Roberto Freire, deixan o Vilalba F.S.

Sabela deixa o equipo vilalbés para dar un salto de categoría, o seu novo equipo será A Fervenza F.S. de Segunda División, pero fará a pretemporada co Pescados Rubén Burela F.S. de Primeira División e actual campión da Copa da Raíña.

Freire, adicarase en pleno a adestrar nas categorías inferiores do Rácing Club Villalbés e ao C.D. Santaballés de Primeira Rexional.

O Vilalba F.S. agarda que non sexa un adeus si non un ata pronto e agradécelles aos dous todo o traballo e esforzo realizado durante estes anos e deséxalles o maior dos éxitos nas súas vidas persoais e profesionais.

MOITA SORTE!!!