DESPLAZAMENTO DO XUVENIL AO BARCO

O vindeiro sábado ás 18:00 horas no Pavillón de Calabagueiros terá lugar o partido correspondente á undécima xornada da Liga Galega Xuvenil entre o Pizarras Los Tres Cuñados F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

Así o equipo vilalbés, que aínda non gañou como visitante e leva unhas xornadas sen puntuar, tentará traer os tres puntos da súa visita a terras de O Barco de Valdeorras. O equipo local que foi goleado 1-12 na última xornada polo Prone Lugo Adarve está situado soamente a dous puntos do equipo vilalbés.