DEZASEISAVOS DE FINAL DA XXIX COPA GALICIA

O C.P. Casás e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputarán a eliminatoria de dezaseisavos de final da XXIX Copa Galicia de Fútbol Sala.

O sorteo emparellou aos dous clubes lucenses que disputarán o encontro na capital lucense porque o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. quedou mellor clasificado a pasada tempada.

O equipo gañador enfrontarase como local nos oitavos de final ao equipo vencedor da eliminatoria Playas de Barreiros F.S. e Xove F.S.