DEZASEISAVOS DE FINAL DA XXVIII COPA GALICIA

O Rececende F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputarán o sábado 13 de outubro ás 18 horas no Pavillón Municipal de Deportes de A Pontenova a eliminatoria de dezaseisavos de final da XXVIII Copa Galicia de Fútbol Sala.

O sorteo volveu a emparellar aos dous clubes lucenses ao igual que fixera na última edición. Desta vez o encontro terá lugar na localidade de A Pontenova xa que o equipo vilalbés quedou mellor clasificado na tempada 2017/2018.

O equipo gañador terá o premio de enfrontarse como local ao equipo de O Parrulo F.S. na seguinte eliminatoria.