DIFÍCIL SAÍDA PARA O VILALBA F.S. FEMININO

O vindeiro sábado 25 de novembro ás 19:45 horas no Pavillón de Vista Alegre de Burela terá lugar o encontro entre os equipos femeninos do BURELA F.S.F. PESCADOS RUBÉN “B” e o VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. correspondente á sétima xornada da Primeira Galicia Femenina.

Despois do parón as rapazas do equipo vilalbés, (15 puntos), retoman a competición como líderes en solitario tras o empate entre as súas perseguidoras, A Pastoriza e o Burela, (13 puntos). Por elo tentarán de conseguir a victoria para distanciar máis a un rival directo na loita polo primeiro posto, algo que está ilusionando aos siareiros vilalbeses na primeira temporada do equipo feminino.

 

COMPARTIR