DOBRE VICTORIA DO XUVENIL
O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., conseguiu unha dobre victoria tras disputar en dous días as xornadas 21 e 22 da Liga Galega Xuvenil.
O partido con máis dificultade era o adiado contra o Ribeira F.S. que se disputou o venres no Pavillón do “Palomar” en Lugo e que tras un gran partido e indo sempre co marcador a favor o equipo vilalbés impúxose por 2-4.
Ao día seguinte o partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba ante o Escola Futsal Morrazo foi máis doado e o equipo do Vilalba F.S. fixo valer a súa superioridade e acabou goleando ao seu rival por 11-2.
Con estas dúas victorias o equipo vilalbés sitúase cuarto clasificado.

