DOLOROSA DERROTA DO XUVENIL

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu goleado ante o Transricard Distrito Ventorrillo F.S. por 11-2 no partido disputado o domingo pola tarde no Pavillón San Francisco Javier de A Coruña correspondente á terceira xornada da fase de ascenso á División de Honra xuvenil

Foi o peor partido da tempada contra posiblemente o mellor rival. O equipo vilalbés non competiu e acabou colleitando unha dolorosa derrota.

O vindeiro partido do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. será este sábado ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba e terá a oportunidade de resarcirse da derrota da primeira volta ante o Hércules Sport Sala F.S.

Ficha Técnica:

TRANSRICARD VENTORRILLO F.S.
Juan, Hugo, Kevin, Alejandro V. (2), Gabriel (2) – cinco inicial – Alejandro P., Jairo (1), Brais (1), Pablo (1), Xavier (1), Iago e Xoel (2).

 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tini, Iker, Tito, Tinete (p.p.), Hugo – cinco inicial – Dilan, Pelouro (1), Leiras, Copa, Aitor (1).