DÚAS VICTORIAS E UN EMPATE PARA OS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Boa xornada para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. que colleitaron dúas victorias e un empate.

Un novo empate para o equipo xuvenil que iniciaba a xornada como local ante Os Meigallos e a pesar de ter dous goles de vantaxe a menos de dous minutos para finalizar o encontro non foi capaz de pasar do 6-6. Os goles do equipo vilalbés foron obra de Mario, Tinete e dous dobletes de Hugo e Michael.

A victoria fóra da casa acadouna o senior masculino ante o Sport Sala Culleredo F.S. por 3-6 con goles de Simón, Ismael, Keita e tres de Fede. O equipo vilalbés amosou a súa superioridade na segunda parte e sumou a sexta victoria consecutiva.

Na matinal do domingo o equipo senior feminino venceu á S.D. A Gaiola nun apretado 3-2, con dous goles de Antía e un de Kayu. O equipo vilalbés púxose por diante pero antes do descanso o equipo santiagúes deulle a volta ao marcador. Nos primeiros minutos da segunda parte as vilalbesas remontaron e acadaron unha importante victoria.