DÚAS VICTORIAS E UN EMPATE PARA OS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Boa xornada para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. que colleitaron dúas victorias e un empate.

 

O empate foi para o equipo xuvenil que iniciaba a xornada como local ante o Concello de Begonte F.S. e a pesar de ter numerosas ocasións e dúas vantaxes numéricas non foi quen de pasar do 2-2 final. Os goles do equipo vilalbés foron obra de Mario e Hugo.

 

A continuación xogou o equipo feminino que goleou ao Couto Ourense F.S. por 6-0 con goles de Marta, Carla, Aisha e tres de Antía. O equipo vilalbés foi moi superior a un equipo ourensán que se mostrou excesivamente duro por momentos.

 

Finalmente na xornada dominical o equipo masculino venceu a domicilio ao C.D. Beade por 1-3 cun gol de Ismael e dous de Fari. O equipo vilalbés remontou o gol inicial do equipo olívico e dispuxo de moitas ocasións para vencer cun resultado máis amplio.