DÚAS VICTORIAS E UNHA DERROTA PARA OS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Na última xornada os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. colleitaron dúas victorias e unha derrota.

 

A xornada comezou o sábado cunha goleada do equipo masculino que venceu ao Campito Chapela F.S. por un contundente 9-0 con goles de Ismael (2), Fede (2), Simón (2), Dieguito, Gago e Pelouro. Foi un partido dominado de principio a fin polo equipo vilalbés e no que tiveron minutos xogadores do filial e do xuvenil, debutando co primeiro equipo Tinete e Dilan.

 

A segunda victoria acadouna o equipo femenino na pista do Cidade das Burgas “B”. O encontro celebrado o domingo pola mañá foi moi disputado, adiantaronse as vilalbesas nos primeiros minutos con dous goles de Paulita, na segunda parte o equipo ourensán volteou o marcador pero nos últimos minutos Carla e Aisha estableceron o definitivo 3-4.

 

A cruz foi para o equipo xuvenil que encaixou unha goleada na pista coruñesa do Emden F.S. tamén na matinal do domingo. O resultado final foi de 10-3 e os goles do equipo vilalbés foron obra de Mario (2) e Hugo.