DUELO POLA PRIMEIRA POSICIÓN

O vindeiro sábado 9 de novembro ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de A Pastoriza terá lugar o encontro entre os equipos femeninos do U.D. PASTORICENSE e o VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. correspondente á novena xornada da Primeira Galicia Femenina.

A última xornada da primeira volta da competición depara un interesantísimo encontro entre os dous primeiros clasificados. O equipo vilalbés, invicto no que vai de competición tratará de ampliar a vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor pero seguro que non será doado xa que a U.D. Pastoricense soamente cedeu un empate, na casa, fronte ao Pescados Rubén Burela F.S. “B”.

COMPARTIR