EMPATE CON SABOR A DERROTA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. empatou 3-3 ante o Academia RedBlue 5 Coruña F.S. no partido correspondente á xornada 9 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón “Novo Mesoiro” de A Coruña na tarde do sábado.

Os erros de cara a portería condenaron ao equipo vilalbés que cobrou ventaxa de dous goles mediada a segunda parte e viu como un rival moi aguerrido empataba o encontro a falta de tres minutos para o final. Nos últimos minutos o Vilalba F.S. intentouno con porteiro xogador pero non tivo a sorte e acadou un empate con sabor a derrota. A nota máis negativa foron as lesións de Paulo e Xisco.

O vindeiro partido para o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. será este sábado ante o Sala Sport F.S. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ás 18:00 horas e debido á situación sanitaria disputarase a porta pechada.

Ficha Técnica:

ACADEMIA REDBLUE 5 CORUÑA F.S.
Alfonso, Diego Hermida, Fernando, Daniel, Guillermo – cinco inicial – Víctor (1), Diego Moscoso, Juan (1), Alejandro (1), Diego Carnota, Brais Seijal, Pablo Roade, Brais Pena e Pablo Souto.

 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Marcos, Isma, Coe (1), Xisco, Paulo – cinco inicial – Tini, Adrián, Nuno, Antón, Fede (1), Mario, Iván Gago (1) e Aitor.