EMPATE DO VILALBA F.S. ANTE O C.D. LUGO SALA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., empatou 4-4 ante o C.D. Lugo Sala na xornada 8 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado ante preto dun centenar de espectadores.

 

O partido como se agardaba foi emocionante e moi disputado. Comezou mellor o equipo visitante que como na tempada pasada colleu unha renta de tres goles ao descanso. A reacción do equipo adestrado por Quini non se fixo esperar e, nunha gran segunda parte estableceu as táboas no marcador. Nos últimos minutos a victoria puido caer para calquera equipo xa que ambos dispuxeron de varios dobres penaltis.

 

A vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. desplázase a terras coruñesas para enfrontarse ao Academia RedBlue 5 Coruña.

 

Ficha Técnica:

 

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.

Tini, Isma, Fariñas, Paulo, Gago – cinco inicial – Marcos, Adrián, Antón (1), Nuno, Fede, Mario, Coe, Xisco (1) e Aitor (2).

 

C.D. LUGO SALA

César, Costoya, Luis Longo (1), Luis Carballal, Keita– cinco inicial – Ángel, Yago, Brais, Diego (2), Iker, David, Miguel López (1), Miguel Méndez, Jhordan.