EMPATE DO XUVENIL ANTE O LÍDER

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., empatou 4-4 ante o EDO Sala Ourense no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á xornada 13 da Liga Galega Xuvenil.

 

Partido igualado no que o equipo vilalbés volveu a mostrar a súa mellor versión e no que mereceu algo máis ante o equipo líder da competición.

 

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., sitúase cuarto na clasificación a catro puntos do líder e xa ten asegurada matemáticamente a clasificación para disputar a Copa.