O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., empatou 3-3 ante o Troula Betanzo F.S. no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Betanzos, correspondente á cuarta xornada da Liga Galega Xuvenil.
Partido no que equipo vilalbés foi superior e mereceu a victoria pero que estivo moi desafortunado de cara a portería.
Con este empate o Vilalba F.S. sitúase sexto clasificado e recibirá ao E.D. Marín Urkira, que ten os mesmos puntos, o vindeiro sábado no Pavillón Municipal de Vilalba.
