EMPATE DO XUVENIL EN SARRIA

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., empatou a catro goles ante Os Meigallos F.S. no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal José Mario González (O Chanto) de Sarria, correspondente á xornada 25 da Liga Galega Xuvenil.

O primeiro tempo tivo alternativas no marcador, chegándose ao descanso cun empate a dous goles.

Na segunda parte o equipo local foise no marcador de dous goles pero o equipo vilalbés reaccionou a tempo e acadou a igualada nos últimos segundos do encontro.

OS MEIGALLOS F.S.
Miguel, Saúl, René, Alex, Alvaro – cinco inicial – Manuel, Cristhian, Fabián, Iago e Bahi.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Juan Diego, Alberto, Lage, Diego, Alex Leiras – cinco inicial – Prieto, Antón, Xosé, Iker e Hugo.

GOLES:
1-0 Iker (p.p.). (Min. 6)
1-1 Iker. (Min. 11)
1-2 Diego. (Min. 18)
2-2 Iago. (Min. 18)
3-2 Iago. (Min. 23)
4-2 Saúl. (Min. 35)
4-3 Antón. (Min 36)
4-4 Lage. (Min. 39)