O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., empatou 3-3 ante o Troula Betanzos F.S. no partido celebrado na tarde do venres no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á xornada 19 da Liga Galega Xuvenil.
Partido no que equipo vilalbés foi superior na segunda parte e logrou empatar nos últimos segundos tras ir ao descanso perdendo por tres goles.
O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. suma catro xornadas sin vencer e baixou ata a sexta posición.