EMPATE NA CASA DO XUVENIL

Os equipos do E.D. Poio Pescamar e o F.S. Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., empataron a catro goles, no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á oitava xornada da Liga Galega Xuvenil.

O equipo vilalbés nun mal primeiro tempo viu como o Poio Pescamar se adiantaba no marcador chegando ao descanso cun resultado de 0-2.

Na segunda parte o equipo vilalbés recurtou diferencias, pero nun minuto dous goles do equipo de Poio poñían o 1-4 no marcador que parecía definitivo. A partir dese momento o Vilalba F.S. reaccionou e foi mellor que o seu rival, logrou o empate e dispuxo de ocasións para poder gañar o partido.

E.D. POIO PESCAMAR F.S.
David, Pablo, Manuel, Daniel, Jose – cinco inicial – Marcoa, Javier, Yago Ucha, Jonatán, Yago Freijo.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Prieto, Antón, Alex Leiras, Diego e Brais – cinco inicial – Juan Diego, Lage, Alberto, Hugo, Alberte, Martín e Iker.

GOLES:
0-1 Yago. (Min. 10)
0-2 David. (Min. 17)
1-2 Antón. (Min. 22)
1-3 David. (Min. 23)
1-4 David. (Min. 24)
2-4 Alberte. (Min. 29)
3-4 Lage. (Min. 33)
4-4 Lage. (Min. 36)

Acto solidario: Os equipos do E.D. Poio Pescamar F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. saíron á pista portando unha bandeira co lema “VILALBA EN NEGRO” sumándose á campaña do Concello de Vilalba con outros do resto de Galicia contra a violencia de xénero.

COMPARTIR