EMPATE NO DERBI COMARCAL

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. empatou 4-4 no derbi comarcal ante o Concello de Begonte F.S. no partido correspondente á xornada 12 de liga da Terceira División Nacional celebrado no Pavillón Municipal de Begonte na tarde do sábado.

Novamente como xa sucedera no desprazamento ante o 5 Coruña F.S. os erros sobre todo de cara a portería condenaron ao equipo vilalbés que se adiantou cedo no marcador por mediación de Fede pero debido a eses erros en ataque en algún en defensa viu como o equipo local poñíase por diante. A pesar de levar o peso do encontro e dispoñer de numerosas ocasións de gol, non foi ata a falta de tres segundos para o remate da primeira parte cando Isma acadou o empate a dous goles.

Nos primeiros minutos da segunda parte o equipo begontino colleu vantaxe de dous goles pero novamente Fede en dúas ocasións, (segunda xornada consecutiva logrando un hat-trick), puxo o empate definitivo no marcador. Xa no derradeiro minuto, Isma acadou un gol de falta que foi anulado por unha suposta falta no bloqueo.

O vindeiro partido para o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. será este sábado ante o Sala Sport F.S. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ás 18:00 horas. Este partido corresponde á xornada 10 que fora adiado por varios casos positivos de Covid-19 no equipo visitante.

Ficha Técnica:

CONCELLO DE BEGONTE F.S.
Jorge, Brais, Daniel Jove, Borja (2), Freire (1) – cinco inicial – Ansede, Sergio, Alejandro, Daniel Varela, David, Tizón (1), Jacobo e Fran Pastor.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Marcos, Isma (1), Coe, Fariñas, Fede (3) – cinco inicial – Tini, Adrián, Nuno, Antón, Mario, Iván Gago, Iker, Tito e Aitor.