O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. empatou a tres goles ante o Redondela F.S. no encontro correspondente á quinta xornada da Liga Galega Xuvenil celebrado no Pavillón Municipal de Redondela.
O partido empezou casi media hora despois da hora prevista para o inicio, debido a que os colexiados chegaron tarde.
A pesar de contar con numerosas baixas por lesión e porque varios xogadores foron co primeiro equipo a Bueu os rapaces do equipo vilalbés rendiron a un bo nivel e tiveron un resultado a favor de 0-3 no marcador nos primeiros minutos da segunda parte.
A desafortunada actuación arbitral fixo que o equipo local empatara no último minuto, deixando sin os tres puntos ao equipo vilalbés que se sitúa sexto tras cinco xornadas disputadas.
REDONDELA F.S.
Daniel, Ismael, Omar, Alejandro, Pedro – cinco inicial – Brais, Fernando e Alexandro.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Juan Diego, Alberte, Martín, Iker, Brais – cinco inicial – Antón, Xosé e Alex Leiras.
GOLES:
0-1 Xosé. (Min. 7)
0-2 Alberte. (Min. 18)
0-3 Iker. (Min. 21)
1-3 Pedro. (Min. 30)
2-3 Alexandro. (Min. 34)
3-3 Brais. (Min 39)