EMPATE SUFRIDO DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. nun gran partido empatou 2-2 ante o  Pescados Rubén Burela F.S. “B” no encontro correspondente á última xornada da primeira volta da fase previa da Copa 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón “Vista Alegre” de Burela na tarde do sábado.

As xogadoras do Vilalba F.S. moi mermadas físicamente e con numerosas baixas souberon sufrir e acadaron un importante empate ante un rival directo pola segunda posición do grupo que da acceso a xogar as semifinais de Copa.

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. e Burela F.S. Pescados Rubén empatan con 4 puntos no segundo posto do grupo que lidera a U.D. Pastoricense con 9 puntos e que pecha o Concello de Begonte F.S., próximo rival do equipo vilalbés, aínda sen puntuar.

PESCADOS RUBÉN BURELA F.S. “B”
Nerea, Enma, Noemí, Cristina, Claudia – cinco inicial – Andrea, Adilsa e Carla

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Sabela, Antía, Cayu, Méndez – cinco inicial – Xina e Marta.

GOLES:
0-1 Sabela. (Min. 7)
1-1 Noemí. (Min. 12)
1-2 Xina. (Min. 14)
2-2 Adilsa. (Min. 29)

COMPARTIR