“ENTREPINARES” E “IVÁN GARCÍA CALAZA” PREMIADOS NA III GALA DO DEPORTE VILALBÉS

“ENTREPINARES” E “IVÁN GARCÍA CALAZA” PREMIADOS NA III GALA DO DEPORTE VILALBÉS

A empresa “Queserías Entrepinares” patrocinadora do Vilalba F.S. e o colaborador (“speaker” dos partidos do Vilalba F.S. feminino e masculino) Iván García Calaza foron galardoados na III Gala do Deporte Vilalbés que se celebrou no Auditorio vilalbés o pasado sábado 19 de xaneiro.

Queserías Entrepinares recibiu unha “Mención Especial” polo patrocinio do Vilalba F.S. nos últimos anos.

Iván García Calaza recibiu o premio á “Mellor labor informativa” polos seus méritos acadados.

A familia do Vilalba F.S. felicita aos galardoados e desexa contar coa súa colaboración por moito tempo.

A mágoa foi o equipo feminino do Vilalba F.S. que estaba nominado a “Mellor equipo vilalbés” e non recibiu o galardón. Agardamos que as rapazas sigan traballando nos vindeiros anos como neste primeiro, cheo de éxitos, para estar nominadas nas seguintes edicións.